A web oficial do concello de Carballo

Entroido | Música polas rúas de Carballo con Brassica Rapa

13/02/2026
20:00
Rúas de Carballo

Entroido | O programa inclúe animación musical polas rúas de Carballo, neste caso con Brassica Rapa. Trátase dunha banda que xurdiu a finais de 2017 co obxectivo de reinventar o concepto de música de rúa. Composta integramente por mulleres, tocan instrumentos de vento e percusión, creando unha atmosfera alegre coa súa música. O seu repertorio é familiar e fresco, garantindo unha festa animada. Trompeta, trompa, dous trombóns, saxofón alto, saxofón barítono, caixa e bombo conforman o seu cartel, que busca defender a presenza das mulleres neste tipo de grupos musicais a través da celebración. A partir das 20.00 horas.

 

Non hai campos definidos para este produto.