A web oficial do concello de Carballo

Venres Culturais | Teatro: “A penúltima”

20/03/2026
21:00
Pazo da Cultura

#CCF-Venres Culturais | Porque nunca e sabe. Carlos Blanco bota A penúltima. Porque o tempo pasa e… Carlos chega agora con imaxes, con historias novas e vellas pero sempre coas risas aseguradas. Setenta minutos con Carlos son sempre breves, divertidos, curandeiros… Imprescindibles. A Penúltima chega este ano e xa veremos despois o que pasa. Carlos Blanco é un mestre do humor que combina enxeño, observación e unha  notable capacidade para conectar co público. Cun estilo único, a súa comedia xira arredor da vida cotiá, costumes e situacións coas que todos podemos identificarnos. Xa sexa no escenario, na televisión ou nos seus monólogos, o seu talento garante calidade e entretenemento.

  • Venres 20 de marzo
  • 21.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 7€ | 4€ prezo reducido
  • Público adulto (+ de 14 anos)
  • Duración: 70 minutos

 

ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello

Non hai campos definidos para este produto.