#CCF-Venres Culturais | En 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. Un xuíz dá curso denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado, a pesar da oposición do fiscal. A partir destes feitos o director Cándido Pazó constrúe con Malasombra O proceso, unha peza en ton de sainete cómico que nos presenta a través do xogo teatral unha galería de persoeiros populares do Ourense de finais do século XIX e que abordarán con frescura e desenfado temas vixentes na actualidade como a lingua, a cultura, a identidade,…
ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.