#CCF-Venres Culturais | Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. Este espectáculo reconstrúe a historia que vai dende o 2017 a 2023 intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaré. Iria Pinheiro, actriz e dramaturga, presenta un espectáculo de teatro documental sobre denuncia social e vulnerabilidade coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller (8 de marzo).
ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.