A web oficial do concello de Carballo

Xa podes inscribirte para MercaEscola, a aula formativa para persoas adultas

Do 02/03/2026 ata o 25/05/2026
17:00
Mercado municipal

A Concellaría de Feiras e Mercados do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición de MercaEscola, un programa formativo e informativo dirixido a persoas adultas que converterá a Sala Cervantes do Mercado Municipal nun espazo de aprendizaxe, reflexión e convivencia entre o 2 de marzo e o 25 de maio. O concelleiro delegado da área, Ramón Varela, e o alcalde, Daniel Pérez, veñen de presentar o programa deste ano.

A programación, composta por 13 actividades, estrutúrase arredor de catro grandes bloques temáticos: consumo, saúde, servizos públicos e medio ambiente, cun formato aberto e participativo que busca achegar ferramentas prácticas para o día a día ao tempo que promove o mercado como un lugar vivo, útil e comunitario.

A participación en todas as actividades é de balde, con prazas limitadas, e require inscrición no formulario inferior. As anotacións poden facerse de dúas formas:

  • Podes anotarte para charlas soltas. Nese caso debes seleccionar a data da charla que che interese e cubrir os datos para cada charla.
  • Se queres asistir a todo o programa selecciona a opción Todas as datas e quedarás anotado/a para todas as charlas.

Programación

  1. Coñece e defende os teus dereitos como consumidor/a

Programa Consumo en ruta – Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC)

2 de marzo | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. Proxección da curtametraxe “Adeus, Berta” e coloquio

Película dirixida por Fernando Tato

9 de marzo | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. Charla-coloquio co reumatólogo Francisco Blanco

16 de marzo | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. A xestión do ciclo da auga

Visita ás oficinas de Gestagua

23 de marzo | 17.00 h | Rúa Río Ulla, 2

  1. Menopausia e solo pélvico

Sesión informativa con Rocío Díaz (fisioterapeuta, especialista en saúde da muller)

30 de marzo | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. Os teus dereitos nas subministracións do fogar

Programa Consumo en ruta – IGCC

6 de abril | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. A saúde do río Anllóns

Obradoiro teórico-práctico co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental e Paleobioloxía (GRICA-BIOpast) da UDC

13 de abril | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. Visita guiada ao arquivo do Concello de Carballo

“Paseo documental e fotográfico pola historia do noso concello”

20 de abril | 17.00 h | Arquivo municipal

  1. Charla sobre seguridade viaria

A cargo de axentes da Policía Local

27 de abril | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. Servizos financeiros e bancarios

Programa Consumo en ruta – Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC)

4 de maio | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. Compostaxe doméstica

Charla teórico-práctica sobre programas de compostaxe doméstica e ‘Ti tes a chave’, do Concello de Carballo

11 de maio | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. Sesión de mindfulness

Con Teresa Vilanova, de Aqí&Agora Centro de Mindfulness

18 de maio | 17.00 h | Sala Cervantes

  1. Visita guiada a Aldemunde

Achegamento á parroquia máis pequena do concello de Carballo (duración aprox. 2 horas).

25 de maio | 17.00 h | Saída do mercado

Non hai campos definidos para este produto.