As Bibliotecas Municipais de Carballo lanzan un reto literario, unha iniciativa aberta a todas as persoas usuarias da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia co obxectivo de fomentar a lectura ao longo de todo o ano.
Cada mes, as bibliotecas ofrecerán unha exposición de libros arredor dun tema diferente e as persoas participantes poderán sumarse ao reto lendo títulos relacionados e participando activamente na iniciativa. Ao completar o reto anual, as persoas participantes entrarán nun gran sorteo final con premios.
As bases completas do reto e a súa mecánica poden consultarse directamente nas bibliotecas municipais.