O 28 de xaneiro volven os Ratos de Lonxedetodo á Biblioteca Rego da Balsa, desta volta co espectáculo Ímolo pasar de medo!
DESCRICIÓN: Nas “veladas de medo” dos Ratos de Lonxedetodo cóntanse contos, cántanse cancións e fanse xogos: pásase un chisquiño de medo pero sobre todo rise e divírtese.
CONTOS:
– Fab, o monstro amarelo. Carmé Solé Vendrell. Ed. Kalandraka. Pontevedra, 2022.
– A casiña de chocolate. Irmáns Grimm; adaptación de Ánxela Gracián; ilustracións Antonio Seijas. Ed. Galaxia. Vigo, 2011.
– La casita de turrón. Serie Jazmín nº5. Ed. Roma, 1963.
O espectáculo vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos, con acompañante. Para asistir é preciso cubrir o formulario inferior. Todas as solicitudes son admitidas mentres haxa prazas e se cumpran os requisitos establecidos. Para cancelar asistencia hai que chamar ao 981 758 580.



O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.