A web oficial do concello de Carballo

Visitas da ITV de ciclomotores a Carballo para o ano 2026

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores realizará dúas visitas a Carballo ao longo do ano 2026. As datas son as seguintes:

  • 13 de febreiro
  • 20 de outubro

O horario de atención ao público será de 09.00 a 13.30. As persoas que queiran solicitar cita previa poden facelo por teléfono, no número 981 928 080, ou a través da ligazón web que aparece máis abaixo.