O Curruncho Pop deste mes ten como punto de partida a presentación do libro Conversaciones con Maryní, de Esther Zecco.
Maryní Callejo é unha muller totalmente descoñecida para o grande público, e, sen embargo, foi a produtora e directora musical de grupos e cantantes do máis sonados do mercado estatal e mesmo iberoamericano. Ela guiou os primeiros pasos de Los Brincos, Los Relámpagos, Massiel ou Fórmula V; colaborou con Nino Bravo, para o que compuxo Un beso y una flor, e traballou como directora musical con Mari Trini ou Paloma San Basilio. O libro supón un recoñecemento que non tivo na súa traxectoria profesional e que lle chega cando xa ten unha avanzada idade e problemas de saúde que, aínda que o intentamos, non lle permiten desprazarse desde Málaga, onde reside, ata Carballo.
Aínda así, na súa honra contaremos con ESPIÑO BAND, un grupo de Santiago de Compostela liderado por Alfonso Espiño, que fará un percorrido polos temas producidos por Mariní ao longo da súa carreira. A propia Esther Zacco, autora da entrevista e do libro, interpretará algunhas das cancións.
Entrada libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.