O Curruncho Pop deste mes inclúe a presentación do libro Los forajidos de la música country, de Javier Márquez Sánchez. Coñecidos no seu momento coma os Outlaws da música country, denominación coa que chegaron a gravar un par de discos, os máis carismáticos foron Kriss Kristofferson, Waylon Jenings e Willie Nelson. Destes tres, e dalgún máis, soarán cancións neste Curruncho Pop, no que contaremos cos HTH (Honky Tonk Heroes), unha banda especialmente creada para a ocasión por Hendrik Röever, Óscar Avendaño, Ramón Saleta, Joki e a Rubén Suárez, cantante e compositor nos THE FAMILY FOLKS.
Entrada libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.