A web oficial do concello de Carballo

Gram Parsons, protagonista do Curruncho Pop a través de Os Birdiños

21/02/2026
19:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

O Curruncho Pop comezará coa presentación do libro Caballos salvajes. Gram Parsons (1968-1973), de Jordi Puyol Nadal.

Un dos currunchos do ano pasado estivo dedicado a The Byrds, unha banda pola que pasou Gram Parsons. Posteriormente editouse o libro que presentaremos o 21 de febreiro, e tendo en conta o que supuxo no seu momento este músico no nacemento do chamado country rock, decidimos dedicarlle un curruncho e recuperar a OS BIRDIÑOS. Pablo Leira, Ramón Saleta, Joki, Marcos Montoto e Gabrulo refórzanse para vir a Carballo con Ismael Cabaleiro (Malabesta) ao violín e Lucía Pernas interpretando a Emylou Harris, compañeira de Parsons.

Entrada libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.

Non hai campos definidos para este produto.