Despois da boa acollida da primeira edición, volve a Feira de Universidades a Carballo. Doce centros de estudos superiores participarán nesta segunda edición, que se celebrará o luns 19 deste mes no Fórum. Por medio de postos informativos individuais, cada un deles dará a coñecer as posibilidades de futuro ao alcance da mocidade carballesa.
O Concello de Carballo, a través das concellarías de Educación e Innovación, Formación e Emprego, participa nesta iniciativa, promovida pola U-tad (Universidad de tecnología y arte digital), que será un dos centros participantes xunto coa UDC (Universidade da Coruña), USC (Universidade de Santiago de Compostela), Uvigo (Universidade de Vigo), Universidad Europea de Madrid, CSHG (Centro Superior de Hostalaría de Galicia), Escuela de Pilotos Atlantic Air Academy, Escola Superior Marcelo Macías da Coruña, Universidad de Navarra, Universidad intercontinental de la empresa, EFA Fonteboa e Forzas Armadas.
A II Feira das Universidades estará aberta de 10.00 a 14.00 horas. Os centros de secundaria da contorna, xa teñen visitas concertadas, pero o evento estará aberto a todas as familias interesadas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.