A web oficial do concello de Carballo

Volven os cursos básicos de poda e enxerto organizados polo Concello de Carballo e Dixardín

Do 07/02/2026 ata o 21/02/2026
10:00
Oza - Sofán - Carballo

Volven os cursos de poda, unha actividade con moitísima demanda que se leva a cabo aproveitando a época idónea para poñer a punto as plantacións domésticas. Por quinto ano consecutivo, o Concello de Carballo e o centro especial de emprego Dixardín colaboran para seguir fomentando unha xestión axeitada dos recursos naturais.

Para intentar chegar a todos os recunchos do territorio municipal, os cursos son itinerantes. Nas catro edicións anteriores celebráronse en Verdillo, Outón-Rus, Artes, San Miguel de Vilela, Sísamo, Entrecruces, Imende (Noicela), Cances, A Brea, Ramil-Rus e Lema, e este ano levaranse a cabo segundo o seguinte calendario:

  • 7 de febreiro: Oza
  • 14 de febreiro: Sofán
  • 21 de febreiro: Carballo

 

Os cursos realizaranse de 10.00 a 13.00 horas. As prazas son limitadas. Para inscribirse só hai que cubrir o formulario dispoñible máis abaixo.

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 12 de xaneiro ata completar as prazas dispoñibles
  • Terán preferencia as persoas empadroadas en Carballo
  • No momento da inscrición recibirá un correo electrónico de confirmación da solicitude de praza. Posteriormente enviaráselle outro correo electrónico de confirmación da praza xunto coa localización da finca
  • No caso de obter praza e non poder asistir debe comunicalo enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal

 

Os cursos de poda enmárcanse no programa medioambiental Catro estacións, promovido polo Concello de Carballo coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín, e vinculado á creación e mellora das zonas verdes e arboradas e dos espazos axardinados do noso concello. O principal obxectivo é implicar á veciñanza na conservación dos espazos públicos a través dunha serie de iniciativas orientadas a fomentar o coñecemento da nosa riqueza de flora, poñer en valor os recursos naturais do territorio e fomentar o respecto polas zonas verdes como bens comunitarios.

Non hai campos definidos para este produto.