A web oficial do concello de Carballo

Láser tag misión rescate do espírito do Nadal, no Nadal Rebuldeiro

27/12/2025
Horario Adaptado
Carpa de Nadal

O láser tag é unha actividade dinámica e segura, deseñada para peques e maiores. Equipados/as con sensores e dispositivos láser inocuos, os/as participantes deben superar distintas misións para conseguir o seu obxectivo: rescatar o espírito do Nadal, roubado polos Travesos do Xeo.

Desenvolvemento da actividade:

1.- Briefing inicial: regras, seguridade e explicación da misión

2.- Equipamento e preparación: entrega e revisión de sensores e división de equipos

3.- Partidas por misións:

  • Rolda 1: captura o agasallo máxico
  • Rolda 2: defensa da estrela de Nadal
  • Rolda 3: rescate do espírito do Nadal

4.- Final e puntuacións: clasificación, mencións especiais e foto final.

Obxectivos da actividade

  • Fomentar o traballo en equipo
  • Mellorar a coordinación e a toma de decisións
  • Ofrecer unha alternativa de lecer saudable durante as vacacións
  • Promover a participación de mocidade e familias

Público destinatario

Nenos/as a partir de 7 anos e mocidade. A participación realizarase en quendas de 20 minutos

Non hai campos definidos para este produto.