A web oficial do concello de Carballo

Convocatoria de sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local para o 1 de decembro de 2025

01/12/2025
13:30
Sala de xuntas

1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (17/11/2025). APROBACIÓN

2.- XULGADOS E TRIBUNAIS. DACIÓN DE CONTA

3.- RESUMO DE INGRESOS DA RECADACIÓN MUNICIPAL. XULLO, AGOSTO E SETEMBRO. DACIÓN DE CONTA

4.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE CARBALLO E CÁRITAS DIOCESANA DE SANTIAGO CO FIN DE CONTRIBUÍR AO FINANCIAMENTO DERIVADO DO MANTEMENTO DO CENTRO DE DÍA FOGAR DE BERGANTIÑOS. APROBACIÓN CONVENIO E SUBVENCIÓN NOMINATIVA.

5.- FESTIVAL CARBALLO INTERPLAY 2026. APROBACIÓN DAS BASES DA 13ª COMPETICIÓN DE SERIES, DO PREMIO DE PRODUCIÓN DE CONTIDO DIXITAL EN GALEGO E DE PREMIOS AO MELLOR CONTIDO DIXITAL EN GALEGO.

6.- CONCESIÓN DEMANIAL Á CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL DA XUNTA DE GALICIA DUNHA SUPERFICIE DE 4000 M2 NA PARCELA MUNICIPAL, SITA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE BÉRTOA. (16/2025 PAT)

7.- LICENZAS DE OBRA.
7.1.- Denegación de proxecto básico de licenza para a construción de vivenda unifamiliar en Arnados, Razo.
7.2.- Reforma interior e ampliación de nave industrial para fábrica de mobles, na rúa do Granito, parcela C1-C2-C3 e C4, do Parque Empresarial de Bértoa.
7.3.- Construción de vivenda unifamiliar no lugar de Outeiro, parroquia de Oza
7.4.- Construción de edificación para destinalo a restaurante na Avenida da Revolta, número 6.
7.5.- Prórroga do prazo de remate de obras de reforma para a instalación dun ascensor no edificio situado na rúa Argentina, número 6.
7.6.- Reforma de vivenda unifamiliar na rúa Arroaces, número 32, Arnados, Razo.
7.7.- Construción de vivenda unifamiliar na rúa Pau Casals, Bértoa.
7.8.- Construción de vivenda unifamiliar na rúa José Castro Chané, número 5.

8.- LICENZAS DE PARCELACIÓN.
8.1.- Licenza de parcelación de finca na Avenida de Razo

9.- CEMITERIO MUNICIPAL DE CARBALLO.
9.1.- Concesión administrativa demanial, provisional, do nicho A4745 do cemiterio municipal de Carballo.

10.- PROXECTO EXPROPIACIÓN PARA A EXECUCIÓN DE PLANEAMENTO: OBTENCIÓN DOS TERROS DO SISTEMA XERAL VIARIO SX-VI/AU04 – INTERSECCIÓN RÚA MARTE E RÚA MARÍA MARIÑO

11.- ROGOS E PREGUNTAS