A web oficial do concello de Carballo

Volven os Ratos de Lonxedetodo para contarche “O que non sabías do Nadal”

10/12/2025
Horario Adaptado
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

A ratiña Faifá sabe desde cando e porqué se celebra o Nadal no mundo. Percorreu moitos países e coñece diferentes xeitos de celebración e os personaxes que, en cada lugar, levan agasallos ás nenas e nenos! Así que nesta ocasión vén á Biblioteca Rego da Balsa para contarche O que non sabías do Nadal.

Contos:

  • Mini enigmas de Navidad. Victor Escandell. Barcelona: Zahorí Books. 2023
  • La Navidad desconocida. Gema Sirvent. Barcelona: Ed. Takatuka. 2023
  • Olivia recibe la Navidad. Ian Falconer. México: Ed. Fondo de Cultura Económica. 2008

Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante. Permítese máximo unha persoa adulta por grupo de nenas/os para favorecer que o público sexa maioritariamente infantil e que máis menores poidan desfrutar da actividade.

Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario que atoparás de seguido. Selecciona o número de prazas e tamén o horario preferente. E se finalmente non podes asistir deberás comunicalo chamando ao 981 758 580.

NOTA: A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.

Non hai campos definidos para este produto.