O alcalde, Daniel Pérez, participa na clausura da terceira edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da UDC. Nesta edición participaron un cento de persoas maiores de 50 anos. Ás 18:00 horas terá lugar unha conferencia maxistral impartida pola profesora Isabel Raposo Vidal co título Educación para a saúde desde o exercicio terapéutico. Ao remate celebrarase o acto oficial de clausura e entrega de diplomas, que tamén contará coa presenza da adxunta á dirección da Universidade Sénior, Susana Iglesias Antelo, e da concelleira de Educación e Terceira Idade, Mar Eirís Villar.