A web oficial do concello de Carballo

A declaración institucional contra a violencia de xénero abrirá o pleno ordinario de novembro

24/11/2025
20:30
Salón de plenos

ORDE DO DÍA
Declaración institucional con motivo do día 25 de novembro. Día Internacional contra as violencias machistas. (CIRIAX de 18/11/2025).

Parte resolutiva:
1.- Acta da sesión anterior (27/10/2025). Aprobación.
2.- Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Carballo para o desenvolvemento do programa Xantar na Casa do concello de Carballo. Ratificación do Decreto 3432/2025, do 14 de novembro de aprobación de convenio (CIRIAX de 18/11/2025).
3.- Plan Provincial de Cooperación ás Obras e servizos de Competencia Municipal (Plan único de concellos). POS + 2025 da Deputación Provincial da Coruña. Aprobación da segunda fase do POS + Adicional 4/2025. (CIFEC de 18/11/2025).

Parte de control:
4.- Mocións. Moción do grupo municipal do PSOE, rexistro de entrada número 202599900007325 do 11 de novembro, sobre a inclusión do inmoble que acolle a sede da Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, coñecida como Casino de Carballo, no Catálogo de Protección do PXOM de Carballo. (CIPUM de 18/11/2025).
Comparecencia solicitada polo representante da Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, para falar da entidade Casino de Carballo.
5.- Dación de conta das aceptacións das dedicacións exclusivas por parte da Alcaldía e da Concellaría delegada de Deportes, Mocidade e Captación de Recursos Públicos.
6.-Informe da Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos establecidos na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, correspondente ao terceiro trimestre de 2025. Dación de conta.
7.- Información rendida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en cumprimento do artigo 16 da Orde MAP/2015/2012 do 1 de outubro. Execución do terceiro trimestre do 2025. Dación de conta.
8- Resolucións da Alcaldía

  • Ditadas entre o día 22/10/2025, núm 3070 e o día 18/11/2025, núm 3497
  • Expresamente Resolución 3488/2025 de 18 de novembro. Plan Provincial ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan único de concellos) POS+ Adicional 2/2024. Proxecto técnico
    “Ampliación e mellora da rede de saneamento nas parroquias de Rus, Carballo, Oza e outros”
    POS+Adicional 2/2024. Aprobación proxecto corrixido.

9.- Acordos da Xunta de Goberno Local. Actas de XGL de 20/10/2025 e 03/11/2025
10.- Rogos e preguntas