O Concello de Carballo organiza un campamento de Nadal para os/as nenos/as de 3 a 12 anos. A actividade desenvolverase na planta alta do mercado municipal, en horario de 10.00 a 14.00, e incluirá actividades diversas especialmente deseñadas para a rapazada e relacionadas coas celebracións. O campamento de Nadal será de balde para as familias.
O campamento realizarase ao longo de dúas semanas. As familias interesadas deben seleccionar no formulario inferior a semana preferente. O prazo de solicitude está aberto desde o 21 ata o 28 de novembro. No caso de que queden prazas baleiras nalgunha das quendas, a partir do 28 de novembro abriríase un novo prazo de inscrición e daríaselles ás familias a oportunidade de solicitar as dúas quendas.
Ademais deste campamento, lembramos ás familias que durante todas as vacacións escolares tamén poñemos á súa disposición o programa Concilia, tanto para os escolares que o utilizan durante o curso como para os que non. Neste caso será preciso facer fronte ás taxas establecidas na ordenanza correspondente. Máis información no Centro de Información á Muller (CIM), edificio de Servizos Sociais do Concello de Carballo ou nos teléfonos 981 700 688 e 638 123 460.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.