O acto central da intensa semana de actividades que van levar a cabo as concellarías de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade e de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística con motivo do 25N xirará arredor da violencia de xénero dixital.
A carballesa Eva María Souto García, profesora de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC) e coordinadora da xornada, será unha das participantes. En concreto falará sobre A loita contra a violencia de xénero no dereito internacional e nacional. No café-debate, que titulamos Violencia dixital: a violencia de xénero do século XXI, tamén participarán José Antonio Ramos Vázquez, profesor titular de Dereito Penal da UDC e maxistrado suplente da Audiencia Provincial da Coruña, que exporá A intervención penal ante a violencia dixital, e Ana María Neira Pena, profesora contratada e doutora de Dereito Procesual e directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, que se centrará nas Deepfakes: a imaxe falsa como arma de violencia machista, ademais de explicar que servizos se ofrecen á comunidade universitaria desde a oficina que dirixe.
Esta interesantísima cita celebrarase o 27 de novembro, ás 17.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. Dado que a capacidade é limitada, as persoas interesadas deberán inscribirse cubrindo o formulario anexo.
49 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.