A web oficial do concello de Carballo

Carballo acolle a gala anual de entrega dos premios Vilas en Flor

14/11/2025
12:15
Fórum Carballo

A 8ª gala anual do movemento Vilas en Flor terá lugar este vernes, 14 de novembro a partir das 12:15h no Fórum Carballo. Durante o evento, farase entrega das Flores de Honra, de 1 a 5. Este é o galardón co que se recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna dos 41 concellos de menos de 40.000 habitantes inscritos nesta edición. Estes municipios son:

  • A Coruña (13): Abegondo, Arteixo, Carballo, Culleredo, Curtis, A Laracha, Oza-Cesuras, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez, Sada, San Sadurniño, As Somozas e Vimianzo.
  • Pontevedra (20): Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Covelo, Tomiño, Sanxenxo, Tui e Vilagarcía de Arousa.
  • Lugo (2): Chantada e Sarria.
  • Ourense (6): Allariz, O Carballiño, Leiro, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

 

A gala estará presidida polo presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte; o alcalde de Carballo, Daniel Pérez López, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto.

O movemento Vilas en Flor está promovido en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor (Asociación de Viveristas del Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería). Nesta edición, Vilas en Flor volve contar co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio, así como de dúas empresas da cadea de valor do sector ambiental como son Husqvarna e Rain Bird.

Esgotado

Non hai campos definidos para este produto.