A web oficial do concello de Carballo

Proxección do documental “Sempre en Galicia”

27/11/2025
20:00
Pazo da Cultura

Proxección do documental dirixido por Xan Leira Sempre en Galicia, voz e pensamento galeguista na emigración. Este acto rende homenaxe ao 75 aniversario da creación do histórico programa de radio dirixido polo xornalista carballés Toni de Seárez. Sempre en Galicia é un emblema da cultura galega promovida desde o exilio galeguista e republicano do Río da Prata que, desde 1950, ergueuse como unha ponte cultural radiofónica entre a diáspora americana e Galicia. Conmemorar o seu 75 aniversario é unha ocasión inmellorable para celebrar o legado deste programa e recoñecer a súa importancia na historia da cultura galega. Ao rematar a proxección haberá un coloquio a cargo do director Xan Leira e de Manuel Suárez.

A partir das 20.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura | Acceso libre ata completar a capacidade

Documental producido por Memoria Documental de Galicia SL, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Patronato de Cultura Galega de Montevideo | Organiza a Concellaría de Cultura

Non hai campos definidos para este produto.