O alcalde de Carballo, Daniel Pérez López, ofreceu este luns unha recepción oficial ao deportista do Sysca Brais Pensado Alberti, que vén de acadar cinco medallas no Campionato de Europa de salvamento e socorrismo. O mozo carballés, de 17 anos, recibiu tamén os parabéns do concelleiro de Deporte, Daniel Barreiro Quintáns, e asinou no Libro de Honra do Deporte Carballés.
Brais Pensado formou parte da selección Española en Polonia. Ademais de acadar dúas medallas de prata e tres de bronce nas probas individuais, a súa participación contribuíu a que a delegación española se proclamase campioa de Europa.
A súa próxima cita deportiva, tamén coa selección española, será o Internacional Surf Rescue Challenge 2025, que reunirá aos mellores socorristas do mundo en Nova Zelandia do 23 de novembro ao 1 de decembro.