O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) abre a convocatoria de prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo para a temporada 2026. As estancias terán unha duración de 10 días (9 noites).
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
a) Para participar no proceso de adxudicación de praza:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de decembro de 2025.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2026.
b) Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2026.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 e outubro de 2026.
Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus expedientes estean completos.
Presentación das solicitudes
- Servizos sociais comunitarios
- Centros dependentes da Consellería de Politica Social e Igualdade (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
- Departamentos Territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade
Para o enchemento e presentación das solicitudes disponse dos seguintes medios:
Prioritariamente a presentación de novas solicitudes realizarase de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso (https://sede.imserso.gob.es). O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
Tamén pode descargar e cumplimentar a solicitude anexa, e remitila por algún dos seguintes medios:
- A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de termalismo do Imserso
- En sobre franqueado (non por correo certificado) á dirección: Programa de Termalismo do Imserso, apartado de correos 61.285 – 28080 Madrid.