A web oficial do concello de Carballo

Gala Final do XXIV Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”

09/11/2025
18:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | O Concello de Carballo xunto coa Asociación Cultural Telón e Aparte acolle a Gala Final do XXIV Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”. Este ano arredor de 150 nenos e nenas de Primaria e Secundaria de toda a comarca participaron nesta iniciativa que promove a iniciación á interpretación a través da lectura dramatizada de textos teatrais. Os 12 grupos participantes gravaron as súas propostas nas instalacións de Radio Nordés-Cadena Ser, emisora que tamén retransmitiu as pezas. Durante a gala final, os seis escollidos polo xurado realizarán unha  lectura en directo na que se fallarán os premios por un importe de 850 euros. Os grupos son os seguintes:

1ª CATEGORÍA

  • GRUPO: XOANIÑA, do CEIP A CANOSA-RUS coa obra, Arden os montes.
  • GRUPO: OS CRISTINATREIROS, do CEIP A CRISTINA coa obra, Medo me dá.
  • GRUPO: OS CHIMPÍNS, do CPR ARTAI coa obra, Axudando ao bosque.

 

2ª CATEGORÍA

  • GRUPO: EQUIPO ANTIMETA do IES EDUARDO PONDAL coa obra, O interrogatorio.
  • GRUPO: INVISIBLES, do IES MONTE NEME coa obra, Ícaras.
  • GRUPO: OS TOXOS, do IES MONTE NEME coa obra, Hai un punto que me doe.

 

O acto, estará presentado por Brais das Hortas que ademais de ser o mestre de cerimonias amenizará a gala cun espectáculo destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes que recibirán un diploma que poderá ser recollido polos profesores representantes de cada grupo ao finalizar o acto.

  • Domingo 9 de novembro
  • 18.00 h
  • Pazo da Cultura
  • Entrada libre ata completar aforo

Non hai campos definidos para este produto.