A web oficial do concello de Carballo

Proceso de participación para a definición de usos do futuro espazo cultural

Do 10/11/2025 ata o 11/11/2025
19:00
Fórum Carballo

Dando continuidade ao proceso de participación iniciado en setembro, convocamos ás entidades, empresas, artistas, profesionais do ámbito da cultura e persoas interesadas nesta iniciativa a participar nas sesións de traballo que terán lugar para a priorización de usos deste futuro equipamento.

  • Luns 10 de novembro, ás 19.00 horas, sesión dirixida principalmente a entidades (asociacións, empresas…).
  • Martes 11 de novembro, ás 19.00 horas, sesión dirixida a persoas a título particular (artistas, investigadoras, activistas, cidadanía en xeral)

Despois de ter realizado un cuestionario en liña sobre as necesidades e valoración dos equipamentos e a cultura en Carballo, nestas xuntanzas entrarase máis en detalle sobre os usos dos espazos existentes e sobre o novo equipamento municipal.

Gustaríache participar?

Se pertences a unha entidade ou empresa do ámbito cultural, se a túa actividade profesional está relacionada coa cultura ou tes interese nesta temática, enche o seguinte formulario seleccionando a data.

Non hai campos definidos para este produto.