Por acordo da Xunta de Goberno Local do 15 de xullo de 2024 aprobáronse as bases da convocatoria de subvencións ás asociacións culturais para a realización do programa anual de actividades culturais 2023, que teñen por obxecto colaborar coas asociacións culturais do municipio así como contribuír ao mantemento e xestión da entidade e do seu local social.
O prazo de realización das actividades subvencionables é o comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023.
O prazo de solicitude estará aberto desde o 16 de agosto ata o 16 de setembro.
As bases e os impresos correspondentes á convocatoria poden descargarse máis abaixo.