O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou con datas 13 e 17 de outubro, respectivamente, o anuncio de convocatoria de subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar no concello de Carballo durante o curso 2025/2026 e o correspondente extracto.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o venres 7 de novembro.
Poderán concorrer á convocatoria de subvencións as ANPAs, seccións deportivas das ANPAs e agrupacións deportivas escolares vinculadas ós centros de ensino de educación infantil e primaria sostidos con fondos públicos, e que cumpran cos requisitos e obrigas establecidas nas bases.