As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística continúan a traballar en diferentes iniciativas coas que queremos contribuír á crianza positiva, igualitaria e libre de violencias, empregando o galego como lingua de relación, expresión e afecto. Froito desa colaboración xorde De landras a carballos, un proxecto de sensibilización e acompañamento ás familias que reúne diversas propostas lúdicas pensadas para favorecer o crecemento persoal e comunitario desde o respecto, a empatía e a igualdade.
Bolboretas é un espectáculo de narración oral que mestura monólogo, palabra contada, humor e poesía. As historias de nenas e mulleres que voan alto son as protagonistas, e todo acontece dende un baúl cheo de recordos. Historias de nenas e mulleres que se adaptan ás idades do público para contar que outro mundo, sen violencia e con igualdade, é posible. E para contar esas historias estará con nós Sole Felloza, actriz, escritora e dramaturga, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica.
Público: nenas/os a partir de 8 anos
As prazas son limitadas. As familias que queiran participar deben cubrir o seguinte formulario.
30 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.