A web oficial do concello de Carballo

“De landras a carballos”: Xogando sen etiquetas, con Laura Martínez Rey

19/12/2025
18:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística continúan a traballar en diferentes iniciativas coas que queremos contribuír á crianza positiva, igualitaria e libre de violencias, empregando o galego como lingua de relación, expresión e afecto. Froito desa colaboración xorde De landras a carballos, un proxecto de sensibilización e acompañamento ás familias que reúne diversas propostas lúdicas pensadas para favorecer o crecemento persoal e comunitario desde o respecto, a empatía e a igualdade.

Nesta actividade Laura Martínez Rey ofrecerá unha proposta dende o acompañamento, a observación e a protección, que lle permitirá a cada menor desfrutar dun espazo de xogo respectuoso co fin de explorar e crear e desenvolverse libre e responsable mentres se sente coidado//a. Ademais, as familias poderán reflexionar sobre a importancia da elección dos xoguetes e do xogo, as maneiras para introducilo e xestionalo, os retos e dificultades que presenta o mercado e a necesidade de permitirlle a cada menor desenvolver os seus intereses sen limitacións baseadas en estereotipos sexistas.

Público: nenas/os ata 7 anos

As prazas son limitadas. As familias que queiran participar deben cubrir o seguinte formulario.

14 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.