As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística continúan a traballar en diferentes iniciativas coas que queremos contribuír á crianza positiva, igualitaria e libre de violencias, empregando o galego como lingua de relación, expresión e afecto. Froito desa colaboración xorde De landras a carballos, un proxecto de sensibilización e acompañamento ás familias que reúne diversas propostas lúdicas pensadas para favorecer o crecemento persoal e comunitario desde o respecto, a empatía e a igualdade.
Emocións en movemento é a primeira actividade prevista. Trátase dun obradoiro práctico, impartido pola educadora social e terapeuta de danza movemento Laura Martínez Rey, pensado para compartir en familia diversas técnicas e dinámicas de respiración e movemento a través da creatividade, que sirvan como inicio e apoio na identificación e xestión das emocións na casa. Entregaráselles ás familias material por escrito ao final da sesión. Recoméndase levar roupa cómoda.
Público: nenas/os ata 7 anos
As prazas son limitadas. As familias que queiran participar deben cubrir o seguinte formulario.
20 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.