A web oficial do concello de Carballo

“Chapuzando en familia”, con Apego. Sesión das 18.30

15/10/2025
18:30
Piscina Vila de Noia

Volve unha das actividades estrela do programa Apego: chapuzando en familia.

A mellor maneira de que un bebé empece a ter contacto coa auga é en familia. Se mamá ou papá se meten con el na piscina sentirá máis seguridade, ademais de ser un momento marabilloso para compartir sensacións. Anímate e participa co teu peque nesta actividade organizada polas concellarías de Normalización Lingüística e Deportes. 

As prazas están limitadas a 10 nenos/as por quenda, ademais da persoa adulta acompañante. As solicitudes deben realizarse cubrindo o formulario que aparece de seguido. O horario asignarase en función da preferencia indicada e da orde de solicitude.

Marque o número de prazas que precisa

Esgotado

Non hai campos definidos para este produto.