#34 FIOT | En consonancia co seu compromiso coa inclusión e sustentabilidade que asume o festival xa desde hai una anos, o FIOT e o Concello de Carballo acollen e colaboran nas xornadas sobre accesibilidade e inclusión nas artes escénicas, que organiza a Deputación da Coruña. Diversos profesionais expertos en diversos ámbitos da accesibilidade aportarán información clara e práctica sobre como facer actividades e espazos culturais máis accesibles.
As xornada está dirixida a profesionais da xestión cultural, nun momento de máxima actualidade, non só polo interese social desde o punto de vista dos dereitos culturais, senón pola obriga e urxencia en adaptar os noso espazos e programas á normativa que entra en vigor de maneira inmediata.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.