A Concellaría de Medio Ambiente, coa colaboración de Dixardín, organiza dous cursos de elaboración de cestos con madeira cortada a láser especialmente deseñados para a recollida de cogomelos e froitos de tempada. A actividade estará dirixida polo docente, escultor e artesán Fabián Lage, con máis de 28 anos de experiencia en carpintaría artística, restauración patrimonial e escultura urbana, e que nesta ocasión mergullarase, xunto co alumnado, no mundo da cestaría contemporánea, o corte láser e o tratamento ecolóxico da madeira.
A formación estrutúrase en bloques dinámicos que combinan presentación, montaxe, tratamento de acabados e reflexión final. Cada alumno/a construirá a súa propia cesta completamente funcional, acabada con ceras naturais.
Cada sesión terá unha duración de cinco horas, de 09.00 e as 14.00, ao longo das cales realizarase unha breve explicación e desenvolverase todo o proceso de creación dos cestos. A actividade vai destinada a público mozo e adulto, sen necesidade de coñecementos previos. O obxectivo é introducir as persoas participantes na construción de obxectos de uso cotiá con tecnoloxía láser, fomentar a conciencia ecolóxica mediante o uso de materiais sustentables e desenvolver habilidades prácticas en capintaría dixital e ensamblaxe artesanal.
IMPORTANTE
Esgotado
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.