A web oficial do concello de Carballo

O 21º Autocross Carballo reunirá a 68 pilotos no circuíto municipal

27/09/2025
10:30
Circuíto do motor de Bértoa

Carballo acolle esta fin de semana unha nova proba de autocross, e xa van 21. “Carballo está asentado coma referente a nivel galego e mesmo estatal”, dixo o concelleiro de Deportes. Daniel Pérez; o presidente do Club Rally Coruña, Ernesto Rumbo, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron a competición, que se desenvolverá ao longo da xornada do sábado e que contará coa participación de 68 pilotos. As finais disputaranse a partir das 18.00 h.

“Xa van 21 edicións e parece que foi onte”, dixo Ernesto Rumbo, que destacou especialmente o apoio do Concello de Carballo ao longo de todos estes anos e augurou que esta proba “vai ser unha boa festa do motor”.

O presidente do Club Rally Coruña expresou o compromiso da entidade de “seguir dándolle vida ao circuíto e que poidamos seguir desfrutando deste espazo público”, un compromiso moi ben valorado polo alcalde. “Está moi clara a importancia que ten Carballo dentro do mundo do motor, e para que isto siga sendo así temos que seguir contando coas entidades colaboradoras”, dixo. Evencio Ferrero aludiu á importancia que o deporte en xeral e o motor en particular teñen desde o punto de vista do retorno económico para o concello.

Presentación 21 autocross setembro 2025

Máis información sobre a carreira

Marque o número de prazas que precisa

Non hai campos definidos para este produto.