A web oficial do concello de Carballo

Mercado municipal

Rúa Cervantes, s/n
Teléfono: 981 700 310

Horario de apertura

De luns a venres
08.30 a 14.00 / 16:30 a 20.00
Sábados e domingos de feira
de 08.30 a 14.00

Unha dieta saudable e equilibrada precisa de produtos frescos e da mellor calidade. Os praceiros e as praceiras do mercado municipal de Carballo traen tódolos días o mellor da horta e do mar de Bergantiños, dereitiño para a túa mesa: o saboroso pan de Carballo, as patacas de Coristanco, o peixe capturado na noite anterior nos portos de Malpica, Laxe ou Razo, os mariscos do Esteiro do Anllóns, as carnes dos gandeiros da comarca, legumes, verduras e froitas de tempada…

Amais de alimentación, na praza de abastos de Carballo tamén podes mercar flores, roupa e calzado, tomar un café ou xantar na cafetaría, e desfrutar dos distintos eventos que acolle ó longo do ano, tanto na área de mercado coma na sala de usos múltiples do último andar.

Nos postos exteriores sitúanse as sedes locais da Asociación Española contra o Cancro e da Cruz Vermella, así coma a Oficina de Recadación Municipal.

O edificio do mercado, renovado por completo no ano 2011 e sometido a un proceso continuo de modernización, é un espazo multiusos no que tamén se organizan eventos culturais, formativos e de ocio. Conta con aseos, unha sala de lactación completamente equipada, unha consigna onde podes gardar as túas pertenzas con seguridade, aparcabicis e un punto de troco de libros. Para calquera dúbida podes achegarte ó punto de información situado na entrada da rúa Gran Vía.

A túa compra diaria

Carnizaría Alfredo

Carnizaría Carlos

Carnizaría Costa

Carnizaría Felípez

Peixaría Antonio

Peixaría Belén

Peixaría Carmiña

Peixaría Rojomar

Panadaría Ana Mesejo

Panadaría Nuria

Froitaría Mitos

Cafetaría Mercado

El chico de las flores

Roupa María Queijo

Floraría Tropicana

upa! Espazo barefoot

ouvea deseño

AECC

Cruz Vermella

Oficina de recadación municipal

Servizo de información e xestión tributaria e declaracións catastrais

Horario de atención ao público:
L a V - 09.00 a 14.00

881 985 430
recadacion@carballo.gal

Visita virtual ao Mercado municipal