A web oficial do concello de Carballo

Exposición de acuarelas “Arquitectura e memoria”, de Martín Garrido Porto

Do 16/09/2025 ata o 30/09/2025
19:30
Escolas do Xardín Agra de Caldas

A Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística continúa a reactivar o proxecto Carballo na memoriacon distintas iniciativasDespois da boa acollida que tiveron o ano pasado as xornadas de microtoponimia e a homenaxe a Francisco Miguel e a todas as persoas represaliadas polo franquismo, este ano, en colaboración coa Concellaría de Planificación Urbana e Mobilidade centramos a mirada na arquitectura.

As II Xornadas Carballo na Memoria arrincarán o martes 16 de setembro nas Escolas do Xardín Agra de Caldas coa apertura da exposición Arquitectura e memoria, unha colección de vinte acuarelas do artista local Martín Garrido Porto nas que nos convida a realizar un percorrido por algúns dos edificios que forman parte da súa arquitectura evocadora. A inauguración celebrarase ás 19.30 horas, coas intervencións de Juan Seoane, concelleiro de Planificación e Mobilidade; Martín Garrido, autor das obras, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.

Aínda que nado en Oza-Cesuras no ano 1962, Martín Garrido é carballés desde os oito anos, unha idade na que xa afloraban as súas calidades artísticas a través do debuxo e as artes plásticas. Delineante de profesión, os seus fortes artísticos son as maquetas de todo tipo e a pintura. Nesta exposición asómbranos cunhas fermosas e detalladas acuarelas de edificios e rúas carballesas.

horario de visitas á exposición será o seguinte:

  • Días 17 e 19, de 17.00 a 19.00 h
  • Días 18, 20 e 21, de 11.00 a 13.00 h
  • A partir do día 22 as visitas realizaranse previa reserva, sempre que exista un grupo mínimo de persoas interesadas. Se queres facer unha solicitude cubre o formulario anexo.
Non hai campos definidos para este produto.