A web oficial do concello de Carballo

Noicela

7,83 Km2

385 habitantes (2024)

Centro social de Imende

Imende, s/n
15105 - Carballo

Situada entre Rebordelos e Lema, a parroquia de Noicela está encravada na costa oriental do concello de Carballo.  

A igrexa parroquial chama a atención por ter a torre do campanario situada no lateral, cousa pouca usual na zona.

No lugar do Rapadoiro, onde hoxe en día hai unha praza e un parque, celebrábase unha feira, principalmente de gando.  

Nas aldeas de Pereira e Nandunfe atoparás cadansúa casa fidalga. A primeira, coas armas dos Bermúdez e Moscoso no escudo, e a segunda, coas dos Bermúdez de Castro. En Noicela están os castros de Torrevella, con numerosas lendas ao seu redor.

Novas relacionadas coa parroquia

Actualmente non existen novas neste apartado