#34 FIOT | O andar -1 do Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposicion Zoom FIOT, un proxecto fotográfico sobre o festival que se realiza desde hai 10 anos e que ofrece unha visión íntima e persoal do evento. Unha ollada privilexiada ao corazón dos espectáculos enmarcados na anterior edición do FIOT. Unha selección de imaxes que captura a esencia e parte das raíces ocultas do Festival, inmortalizando momentos únicos que o público non soe ver. Os fotógrafos participantes nesta exposición son: Criss Becerra, Raúl Lorenzo, Marcos Rodríguez, Esther Chamoso, Daría García, Fernando Lema e Fabiola Lorenzo. Poderá visitarse até o 12 de novembro.
Ademais durante o acto, tamén se dará a coñecer a instalación artística de 𝐍𝐨𝐞𝐥𝐢𝐚 𝐏𝐚𝐳, que acompañará ás espectadoras e espectadores durante todo o FIOT e que se titula Xesto. Nela, a artista recolle o lema do festival “Raíz viva, memoria colectiva” para inspirarse. Así, para ela, as raíces son unha serie de nutrientes que conforman a nosa identidade colectiva e que xeran un efecto distinto en cada persoa. Un impulso que acaba derivando en xestos individuais.
O evento estará acompañado pola música do grupo carballés Quercus Blues.
A partir das 20.00 horas. Entrada de balde.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.