A web oficial do concello de Carballo

O mercado municipal amplía a súa oferta cun novo posto especializado en queixos

Queixaría Sandra - Mercado municipal - Sandra Capelán Arana

O mercado municipal de Carballo estrea posto. O Recuncho de Sandra, impulsado por Sandra Capelán Arana, incorpora á oferta da praza unha queixería con diferentes variedades de queixos do país, ademais de marmelo, marmeladas e conservas. A intención de Sandra é ir ampliando pouco a pouco a selección de produtos, cunha aposta especial polos pequenos […]

Volven a Carballo os puntos de información sobre o colector marrón para sumar novas familias á separación dos residuos orgánicos

campaña compostaxe ti tes a chave

O Concello de Carballo reforza a campaña de sensibilización arredor do colector marrón co obxectivo de seguir incrementando a participación da cidadanía na separación dos residuos orgánicos. Na actualidade, 1.800 familias forman parte xa do denominado voluntariado marrón, pero o Concello quere ampliar esa cifra e anima a novos fogares a sumarse á iniciativa. A […]