O Conservatorio Profesional de Música segue medrando e inicia o curso con 172 alumnos e alumnas

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo (CMUS) celebrou no auditorio do Pazo da Cultura o acto de presentación do curso 2026/27, dirixido ao conxunto da comunidade educativa e, de maneira especial, ao alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro e ás súas familias. A sesión serviu para dar a benvida […]
Carballo reforza a formación dos clubs deportivos cunhas xornadas sobre psicoloxía, seguros e dixitalización

O Concello de Carballo dará continuidade este outono ás Xornadas de formación para entidades deportivas, cuxa segunda edición terá lugar os días 5, 6 e 7 de outubro, de 20.00 a 22.00 horas, no Fórum Carballo. A iniciativa parte dunha proposta do Consello Deportivo Municipal, aprobada na sesión plenaria celebrada o pasado 7 de xullo, […]