O parque inmobiliario de Carballo segue a medrar ao tempo que se recuperan edificios inacabados na zona urbana

O mercado residencial de Carballo continúa dando sinais de reactivación. Á recuperación de edificios que permaneceron durante décadas inacabados e aos novos proxectos públicos e privados previstos para os próximos anos súmanse agora novas actuacións de menor escala que permiten incorporar vivenda ao mercado aproveitando tanto novos solares como inmobles xa existentes. A Xunta de […]
Alumnado de Arquitectura da UDC estudará durante dous cursos o ámbito de Pedra do Sal e elaborará as súas propias propostas de intervención

O ámbito de Pedra do Sal-Baldaio converterase durante os dous próximos cursos nun espazo de estudo e experimentación para o alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No marco da materia de Proxectos Arquitectónicos, os e as estudantes analizarán este territorio e elaborarán diferentes propostas de intervención e posta en valor. […]
Carballo activa o dispositivo especial de seguridade pola eclipse solar cun efectivo de máis de 40 profesionais

O Concello de Carballo ten xa en marcha o dispositivo especial de seguridade, tráfico e emerxencias previsto con motivo da eclipse solar deste mércores 12 de agosto, ante o incremento de desprazamentos e de afluencia de persoas que se agarda ao longo da xornada. Os responsables municipais e dos distintos servizos implicados celebraron esta mañá […]