Daniel Pérez celebra que a Xunta recoñeza e asuma a necesidade de abrir de maneira urxente a canle de Baldaio

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, valorou de maneira moi positiva que a Administración autonómica asuma finalmente a posición defendida desde o primeiro momento polo goberno municipal: a necesidade de acometer con carácter urxente a apertura mecánica da canle da lagoa de Baldaio. A proposta de protocolo remitida pola Xunta ao Concello inclúe como principal […]
O Concello pon a disposición das entidades deportivas 25 instalacións para a temporada 2026/2027. Hoxe, último día de solicitude!

O Concello de Carballo mantén aberto ata hoxe, 6 de agosto, o prazo para que as entidades deportivas soliciten a reserva das instalacións municipais de cara á tempada 2026/2027. A convocatoria ten como obxectivo garantir unha distribución equilibrada e eficiente dos equipamentos deportivos, atendendo ás necesidades das distintas entidades e favorecendo a conciliación dos horarios […]