A web oficial do concello de Carballo

O Concello de Carballo e a Fundación Amancio Ortega asinan o convenio para facer realidade o novo edificio das entidades sociais

Sinatura convenio Concello de Carballo - Fundación Amancio Ortega (Foto Roberto Bendini)

O Concello de Carballo e a Fundación Amancio Ortega formalizaron hoxe o convenio de colaboración que permitirá construír o futuro edificio das entidades sociais. Este proxecto estratéxico contará cun financiamento de 7,8 millóns de euros achegados pola Fundación, o que supón o maior investimento da historia do municipio. O alcalde de Carballo, Daniel Pérez López, […]