Daniel Pérez inaugurou a Feira de Emprego da Cámara da Coruña, na que 29 empresas ofreceron 120 oportunidades laborais

O Fórum Carballo acolleu este xoves a XIX Feira de Emprego Talento Xove da Cámara de Comercio da Coruña, na que participaron arredor de 200 mozos e mozas, que tiveron a oportunidade de contactar con 29 empresas con máis de 120 procesos de selección abertos. O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, participou no acto de […]
A Real Academia Galega e o Concello de Carballo asinan un convenio para a elaboración do mapa sociolingüístico escolar municipal

A Real Academia Galega e o Concello de Carballo asinaron hoxe o convenio de colaboración para a realización do mapa sociolingüístico escolar do municipio. O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e o alcalde carballés, Daniel Pérez López, rubricaron o documento que formaliza a cooperación entre ambas as institucións para que o concello conte cun retrato […]