A web oficial do concello de Carballo

O programa “De landras a carballos” volve ás Escolas do Xardín con actividades para nenos e nenas a partir de 5 anos e as súas familias

Presentación De landras a carballos 2026

As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística presentan a nova edición do programa De landras a carballos, unha iniciativa pensada para reunir actividades culturais, educativas e lúdicas dirixidas ás familias e a infancia na fase entre os 5 e os 11 anos. O ciclo estenderase de febreiro a xuño, e desenvolverase nas Escolas do Xardín […]