A veciñanza de Razo ateigou o centro social na xuntanza informativa sobre a situación do monte Neme

O alcalde trasladoulle á conselleira de Economía e Industria a preocupación veciñal Daniel Pérez esixe o máximo control por parte da Xunta de Galicia sobre as medidas de seguridade na antiga mina A situación do monte Neme preocupa moito na parroquia de Razo, como quedou patente na xuntanza informativa do mércores, que ateigou o centro […]
O Concello de Carballo aposta pola formación dos sectores económicos con iniciativas dirixidas a profesionais do turismo e da alimentación

O Concello de Carballo aposta pola formación dos sectores económicos locais con accións concretas e específicas que contribúan a mellorar a súa competitividade. Nestes momentos están en marcha dúas iniciativas orientadas ao sector turístico, por unha banda, e aos comerciantes do mercado municipal, pola outra. Este xoves, precisamente, coincidiron estas dúas propostas. Pola mañá celebramos […]
O Concurso de Disfraces e o Enterro da Sardiña protagonizan un Entroido con festas, animación, pasarrúas e máis de 10.000 euros en premios

Os disfraces invadirán Carballo un ano máis, encabezados polo viquingo que protagoniza este ano o cartel, entre o 7 de febreiro e o 7 de marzo: ruadas, música, pasarrúas, circo, bailes infantís, cocidos, festivais, charangas, festas… e tres citas que cada ano congregan a miles de persoas: o Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e […]
Música, teatro, improvisación e moito humor en “Territorio Regueifa”: estrea o venres 6 de febreiro

Territorio Regueifa chega ao Pazo da Cultura o venres 6 de febreiro da man do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), despois de que o espectáculo tivera que adiarse pola baixa dun dos seus protagonistas. O festival, o Centro Dramático Galego e Ainé coproducen unha inédita e ambiciosa proposta escénica que pon en valor este xénero artístico. […]