As obras de aglomerado da estrada do Pereiro Vello a Outón completan o plan anual de pavimentación das vías municipais consideradas estruturais

O Concello de Carballo acometeu este ano cinco importantes proxectos viarios que acadan os dous millóns de euros de investimento. O obxectivo das actuacións é seguir acondicionando as vías consideradas estruturais, ben polo intenso uso que teñen ou ben por unir parroquias, aumentando o ancho da calzada cando é posible e pavimentándoa en todos os […]
Carballo reforza a súa aposta polo colector marrón con novas accións de información e concienciación cidadá a partir do xoves 20 de novembro

Desde o Concello de Carballo queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, e por iso, para cumprir coa lexislación vixente, é moi importante reforzar a nosa aposta […]
O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica mantiveron unha xuntanza co director xeral e o subdirector da Cámara de Comercio da Coruña

No marco da comunicación e colaboración que veñen mantendo as dúas institucións, o alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, veñen de reunirse co director xeral e o subdirector da Cámara da Coruña, Manuel Galdo e Carlos Fernández. Na xuntanza falaron sobre a situación económica xeral, o importante papel que xoga […]