O empresariado do polígono industrial aborda os proxectos de futuro co alcalde e o concelleiro de Promoción Económica

O empresariado do polígono de Bértoa mantivo hoxe a primeira xuntanza co alcalde de Carballo, Daniel Pérez, que acudiu acompañado polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira. A xunta directiva da asociación tamén convidou ao ex alcalde Evencio Ferrero para agradecerlle a xestión realizada nos 22 anos que estivo á fronte do goberno municipal. No […]
O Concello solicita unha reunión coas consellerías de Mar e Medio Ambiente para desbloquear a solución á acumulación de area na ría de Baldaio

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, solicitou unha reunión coas consellerías de Mar e Medio Ambiente da Xunta de Galicia coa finalidade de desbloquear unha intervención que poida poñer freo á acumulación de area na ría de Baldaio. Despois de catro meses sen conexión directa entre a lagoa e o mar, os riscos van en […]