O Concello de Carballo recibe o premio Cogami á Iniciativa Institucional, un novo recoñecemento ao compromiso social do goberno municipal

O Concello de Carballo foi un dos tres premiados, xunto con Vegalsa-Eroski e o investigador Ángel Carracedo, na gala organizada por Cogami na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na que se deron cita preto de 800 persoas. Entre o público houbo representantes de concellos, deputacións e Xunta de Galicia, dos tecidos empresarial e […]
Os Ratos de Lonxedetodo regresaron á Biblioteca Rego da Balsa para seguir animando á cativada a ler durante todo o curso

Xa están na Biblioteca Rego da Balsa os simpáticos ratiños de Trinketrinke, que volveron de Lonxedetodo cargados de historias e cancións para compartir coa rapazada carballesa ata final de curso. Este mércores visitounos a ratiña Carolina para falarnos das Familias diversas que integran a sociedade actual, pero aínda temos por diante outras catorce sesións de […]
Empresas carballesas de turismo avanzan cara un sector máis sostible a través do programa formativo C4S

Empresas carballesas do sector turístico participan no proxecto C4S-Carballo pola sostibilidade, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo co obxectivo de conseguir “un turismo de calidade que xere valor no noso concello”, como sinala o concelleiro da área, Xosé Regueira. Nas dúas primeiras sesións formativas, celebradas os días 14 e 21, os/as empresarios/as participantes […]